Todo un mundo de diversión
Turismo e aventura
Para particulares, centros educativos, concellos e outros grupos, actividades de:
Turismo cultural
Achegarémonos ao patrimonio do lugar visitado. Coñeceremos as cidades, museos e monumentos que teñen valor histórico e/ou artístico.
Turismo rural
Realizarémolo en pequenas localidades rurais nas que é posible o contacto coa natureza. A paz do campo, a flora, a fauna e a beleza das paisaxes serán os seus grandes atractivos.
Ecoturismo
Poderemos visitar destinos nos que o principal encanto é a natureza. Destacan os parques nacionais e paraxes e reservas naturais.
Turismo de saúde
Destinado a todos aqueles que decidades viaxar para tratar algunha doenza ou para relaxarvos. Existen distintos tratamentos (como os termais), e espazos naturais con propiedades terapéuticas.
Turismo gastronómico
Os protagonistas serán a comida e bebida típicos dun país ou dunha rexión. En toda Europa existen numerosas rutas e festas gastronómicas.
Turismo activo - deportivo e de aventura -
Permitirá practicar algunha actividade vinculada ao deporte. Algúns exemplos de Turismo-aventura serían:
- Aventura temática na natureza (medieval, clásica, celta): Unha actividade de sendeirismo, orientación e multiaventura -ambientada segundo o tema seleccionado- que dependendo do grao de dificultade (baixo, medio e alto) escollido, adaptarase a cada grupo. Unha auténtica aventura na que aflorarán as sorpresas e o compañeirismo.
- Aventura (paintball, puenting, rafting, barranquismo, karts, quads, rutas dacabalo, ruta en veleiro, tiro con arco, descenso en canoas, salto en paracaídas, voo en globo e pilotar unha avioneta).
- Aventuras combinadas con turismo e outros servizos de entretemento.
Consúltanos a túa idea e nós axudarémosche a pola en práctica.