Todo un mundo de diversión

Animación infantil

Facemos insuperable a túa Festa Infantil:

  • Festa de comuñón, aniversario, bautizo…
  • Festa popular, temática.
  • Festa da espuma, de fin de curso…

Contamos cunha oferta ampla e de gran calidade:

Inchables de varios tamaños

Inchables

Pequenos

Tamaño: 3x4m y 4x4m

Medianos

Tamaño: 5x6m y 6x6m

Supertobogán

Tamaño: 10x5m

Os nenos lánzanse desde unha altura de 4m por un tobogán dobre, un deles cuberto.

Grandes

Tamaño: 7x7m e maiores

Características comúns da festa con todos os inchables

  • Duración estimada de 2 horas (opcional horas extras)
  • Un monitor que supervisa o uso seguro do inchable
  • Montaxe e desmonte do inchable
  • Seguro de Responsabilidade Civil
  • Certificado Europeo de Seguridade do inchable

Festa de Animación con personaxes caracterizados (pallasos, indios, piratas...)

Realizaranse bailes e xogos dinámicos e cooperativos con soporte musical. Estes son participativos e aptos para todas as idades (poden incluírse talleres: globoflexia, maquillaxe…).

Duración estimada entre 1 hora e media e 2 horas.

Xogos deportivos, populares, alternativos, acuáticos

Nenos xogando ás chapas

Os nenos divírtense participando en:

  • Gymkanas deportivas
  • Xogos tradicionais como: carreira de sacos, pano, sogatira, mariola, birlos…
  • Xogos con material alternativo, como: paracaídas, globos, fresbee, indiacas…
  • Xogos acuáticos con material especial para a auga, por exemplo: pilla acuática, catro esquinas, voley-piscina, waterpolo…

Duración estimada de 2 horas.

Festa da espuma

Utilizando unha máquina, formarase unha gran “piscina” de espuma na que nenos de todas as idades gozarán xogando. Pódense incluír pistolas de auga que completarán unha tarde moi divertida, especialmente recomendada en días moi calorosos.

Duración estimada de 1 hora.

Disco móbil

Un DJ manexará un equipo de música e elementos de amplificación e iluminación. Configuraranse sesións adaptadas ás idades ás que vai destinada.

Duración estimada de 2 horas.

Karaoke

Os nenos poderán divertirse cantando e aprendendo novas coreografías de bailes.

Duración estimada de 2 horas.

Talleres variados

Nenos practicando globoflexia

Os monitores ensinarán aos nenos a manipular diferentes materiais: globoflexia, cestería, disfraces, manualidades, maquillaxe, llaveros, abelorios, caretas, malabares, multimedia, barro…

Duración estimada de 1 hora en diante.

Coidadores

Realizarán labores de vixilancia e coidado dos nenos máis pequenos que presenten dificultades para comer, ir ao baño…; de forma autónoma. Recomendado en diversos eventos, de modo que os adultos non teñan que preocuparse polos nenos.

Duración estimada de 2 horas.

Pack MUNDOCIO

Especialmente recomendado para comuñóns. Aplícanse interesantes descontos pola contratación de varios servizos. Exemplo: inchable + animación + talleres.

Existen outros Packs, consulta prezos e opcións.

Duración estimada de 3 horas.

Mascotas

Unha mascota (Mickey Mouse, Pato Donald, Pluto...) pode acompañar ao animador da festa facendo as delicias dos máis pequenos.

Duración estimada de 30 minutos.

Ludoteca

Acondicionamento dunha zona de xogos delimitada por unha estrutura inchable na cal se realizarán actividades de entretemento para os máis pequenos.

Fotografía dixital - CD

Imaxes da festa, que se lle enviará por correo ao cliente que o solicite.

Monicreques

Monicreques clásicos combinados con xogos e música.

Malabaristas

Dous malabaristas realizan un espectáculo de malabares e ensinan ao público asistente a manipular diferentes obxectos como pelotas ou aros.

Contacontos

Cóntase unha divertiva e participativa historia aos nenos, acompañándoa de cancións.

Magos

Ofrece un show de variedades que lles deixará pampos e fará rir a grandes e pequenos.

Se buscas organización para a festa do teu neno, ponte en contacto connosco. Realizamos unha xestión integral do servizo, adaptándonos ás túas condicións.

Consulta prezos e packs recomendados por MUNDOCIO