Todo un mundo de diversión
Entretemento para adultos
Xestionamos integralmente vodas, homenaxes, aniversario, ceas-baile, fins de ano e outras celebracións cos seguintes servizos especializados:
Discotecas móbiles e contratación de DJ’s
Disporase de equipos de son e iluminación profesional manexados por un DJ.
Configuramos sesións adaptadas ao gusto do cliente de entre un amplo abanico de cancións de estilos e épocas variadas.
Packs de Discotecas Móbiles
O equipo de son é o mesmo en todos eles, variando a iluminación. Existen 3 Packs:
- BÁSICO
- TOP
- MUNDOCIO
Consulta tarifas dos Packs en info@mundocio.es
Conxuro da queimada

O espectáculo comeza coa decoración da Mesa da queimada, unha primeira parte de escenificación dunha misteriosa ambientación entre unha Meiga Aprendiz e un Mestre Conxurador. Posteriormente o Mestre Conxurador pronunciará e representará o tradicional Conxuro para exortizar os malos espíritos e convocar aos favorables, no que participa tamén todo o público asistente. Conclúe o número coa degustación da queimada.
Karaoke
Un DJ controlará un programa de karaoke, con pantallas xigantes, televisión, equipo de amplificación e varios micrófonos a través dos cales os cantantes poderán demostrar os seus dotes musicais coas cancións que irán seleccionando de entre un amplo catálogo.
Actuacións musicais en directo
- Formacións musicais clásicas: tenor, soprano, coro, instrumentistas solistas (pianista/s, violinista/s)...
- Cuarteto de corda (viola, violíns e violoncelo)
- Gaiteiros
- Tuna
- Mariachis
- Grupo de jazz
- Grupo Folk
Actores infiltrados
Actores e/ou actrices disfrazados de camareiros, cociñeiros, fotógrafos, cantantes...; crearán as situacións máis inesperadas e comprometedoras sen que o público sospeite que se trata dunha broma.
Bailaríns de música galega
Un grupo de bailaríns engalanados cos traxes tradicionais galegos realizarán unha exhibición do folclore tradicional da nosa comunidade autónoma.
Bailaríns de música arxentina
Interpretacións dunha parella bailando tango, ou da picardía da Milonga, entre outras. Coidada estética do vestiario.
Monologuistas, Imitadores e Humoristas
Unha persoa relatará unha intelixente e irónica disertación, que conseguirá arrincar innumerables risas entre o público.
OUTROS
Magos
Go-go's
Drag Queens
Proxeccións
Pantallas xigantes
Aluguer e montaxe de iluminación e son
Sonorización para presentación de eventos
Montaxes de equipos de luz e son para actuaciones de grupos (folk, jazz, cuartetos de corda)
Aluguer de vehículos para diferentes eventos (coches de Época para vodas, limusina, autobús, monovolumes,...)
Fogos artificiais
Animación infantil para entreter aos nenos
Fotografía dixital - CD de imaxes da festa
Consulta prezos e packs recomendados por MUNDOCIO