Todo un mundo de diversión

Actividades para empresas

Ofrecemos la gestión integral de eventos para empresas:

Non dubides en contactar connosco cando teñas unha idea. Nós prepararemos o espazo, a decoración, a música, as invitacións, a imaxe, o espectáculo, os artistas, o catering, a luz, o son, o vestiario...

Desde MUNDOCIO coidamos todos os detalles para que cada evento sexa único para ti e a túa empresa.

Entretemento en banquetes/ceas

Proporase calquera servizo dos enumerados en Entretemento para adultos.

Animación de Eventos para establecementos hostaleiros

Ofrecerémosche un amplo abanico en animación e lecer, tanto infantil (coidadores, animadores, talleres…), como de adultos (música en directo de Tenores ou Sopranos acompañados dun pianista, Cuartetos de Corda, Grupos de Jazz, viaxes organizadas pola Cidade ou pola Provincia, visitas aos principais centros de interese…), que che permitan ofrecer un servizo máis completo aos teus clientes.

Convencións, congresos e conferencias

Contactaremos coas instalacións ou establecementos nas que se realizará o evento nas datas solicitadas e organizaremos a actividade contando co persoal necesario para atender aos asistentes e instalando os equipos e materiais precisos.

Entregas de premios e incentivos de empresas

Preparararemos o evento contando co persoal necesario para atender aos asistentes e instalando os equipos e materiais precisos. Así mesmo, adquiriremos os obsequios que nos solicites para premiar aos teus empregados.

Propómosche, entre outras, actividades das enumeradas no apartado Turismo e aventura.

Actividades teambuilding/consolidación de grupo

Con actividades de todo tipo de turismo e aventura (activo, cultural, gastronómico, rural…)