Todo un mundo de diversión

¿Qué e mundocio?

Somos profesionais da xestión integral de eventos (festas infantís, vodas, aniversarios, comuñóns…) e outros servizos de lecer para todas as idades:

A calidade e os prezos marcan a diferenza. Ofrecémosvos garantía de calidade e profesionalidade, a uns prezos moi competitivos.

Garantimos un servizo personalizado porque sabemos que as necesidades varían segundo os eventos e os gustos de cada cliente.

Organizamos a mellor festa para ti: animación infantil con inchables, talleres, xogos, festa da espuma…; animación de eventos para adultos (vodas, reunións de empresa, ceas ou comidas de grupos…) con DJ e discoteca móbil, conxuro da queimada, proxeccións, música en directo…

Tamén organizamos actividades de todo tipo de lecer de aventura, turístico, deportivo e de tempo libre.

Descobre como MUNDOCIO pode axudarche na organización do teu tempo de lecer e as túas festas.